Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Sobreseída a causa por prevaricación contra a alcaldesa de Vimianzo

A denuncia presentada polo portavoz de AV facía rerefencia a unhas presuntas irregularidades na contratación do alumeado de Nadal do ano 2019

O Xulgado de Instrución número 1 de Corcubión decretou o sobreseimento da causa aberta contra a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, que fora acusada de prevaricación por parte do portavoz de Adiante Vimianzo (AV), Manuel Antelo, por unhas presuntas irregularidades na contratación do alumeado de Nadal do ano 2019.

“Do actuado non aparece debidamente xustificada a perpetración do delito que motivou á formación da causa, polo que se procede a decretar o sobreseimento das actuacións”, reza o auto do xulgado. Ao non interpoñerse ningún recurso por ningunha das partes, esta resolución é firme e procédese a arquivar a causa.

A alcaldesa, quen recibira a notificación desta denuncia o mesmo día do pasamento do seu pai, admite non estar “sorprendida” ante o modo de actuar do portavoz de Adiante Vimianzo, e valora este novo “revés xudicial” como “unha proba máis de que a carreira política do señor Antelo está tocando fondo”, admitindo que “hai moito tempo que o seu primeiro obxectivo deixou de ser traballar polas veciñas e veciños de Vimianzo”, senón que “ten entre cella e cella acabar comigo e con este goberno, pero parece que o único modo de actuación son as denuncias administrativas e as calumnias”, sentencia.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, sinala que “calquera manobra por parte de Antelo non servirá para desestabilizarme, tanto a min como aos meus compañeiros e compañeiras, senón que son un revulsivo para continuar co traballo diario que facemos por Vimianzo”, e finaliza “dándolle as grazas tanto ao meu equipo, á xente que confiou en min", e sinala- "que o único interese que me move e me moverá será traballar por e para o noso pobo.

25 may 2021 / 13:17
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.