Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Sofocan o lume nunha vivenda de Buxán na que vive unha persoa maior

DUMBRÍA. Un equipo de bombeiros do parque comarcal de Cee tivo que apagar na madrugada do martes un incendio nunha vivenda de dous andares no lugar de Buxán (Dumbría), na que vive unha persoa maior que, afortunadamente, non sufríu danos físicos. Cando recibiron a alerta, pasada a media noite, os bombeiros foron advertidos de que o propietario do inmoble estaba no interior e que non quería abandonar o lugar. Non obstante, cando chegaron alí xa estaba fóra, polo que centraron o seu labor en apagar as lapas, que afectaban a un local anexo a un dormitorio e a unha terraza cuberta na que había diversos electrodomésticos. A consecuencia do fume e das altas temperaturas provocadas polo lume tamén se viu afectada a cociña. Asemade, ata o lugar achegáronse axentes da Garda Civil de Corcubión. J. L.

22 sep 2020 / 18:54
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.