Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 26 enero 2021
01:04
h

Solicitan a suspensión das clases de hoxe debido á situación meteorolóxica

COSTA DA MORTE. O BNG de Costa da Morte solicitou que, ante situación meteorolóxica dos últimos días, con temperaturas moi baixas e a formación de placas de xeo nas estradas, se suspendan as clases ata o vindeiro luns, día 11. Os nacionalistas consideran “unha temeridade” que os autobuses circulen polas estradas “cargados de rapaces nestas condicións. O primeiro é a seguridade das crianzas e do persoal dos transportes”. Entenden que si xa é unha “anormalidade” dar comezo as clases hoxe venres, “co que supón para alumnado e profesorado ter que parar dous días inmediatamente despois de poucas horas de clase, que isto se faga no medio dunha pandemia e coas circunstancias meteorolóxicas así, pode ser unha irresponsabilidade”. Piden que, de non aprazarse o reinicio, se extremen as precaucións”. J. M. RAMOS

08 ene 2021 / 01:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.