Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Suma de forzas en Vimianzo para impulsar unha recollida de alimentos

Substitúe á gala que organizaban antes da covid o Concello, Cruz Vermella e Cáritas

Vimianzo. O Concello de Vimianzo, Cáritas e Cruz Vermella unen forzas novamente para facer fronte ao contexto provocado pola covid. Anualmente celebrábase unha Gala Solidaria que ante a situación sanitaria non será posible realizar, pero que substituirán por unha doazón de alimentos.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez; María del Carmen Vázquez, directora adxunta de Cáritas, e Rebeca Veiga, presidenta de Cruz Vermella, reuníronse este mércores para concretar os pormenores desta iniciativa. Desde as tres institucións coincídese nun agradecemento “conxunto pola implicación de empresas e do comercio de Vimianzo coas persoas máis desfavorecidas”, apuntan.

Por ende, nesta acción solidaria tampouco participarán as e os voluntarios, alma dunha acción como esta, por “responsabilidade e prevención”. Tanto Rodríguez, como Vázquez e Veiga reclaman a “colaboración” da cidadanía para achegarse ata as “caixas solidarias” dos supermercados, igrexas, centros educativos e centros sociais e depositar alí alimentos non perecedeiros, produtos de limpeza e hixiene.

A listaxe vai desde leite, conservas, cereais, aceite, legumes, tomate, sopa, arroz, tomate ou papel hixiénico e xampú, entre outros. Tamén está aberta a posibilidade de colaborar economicamente nesta acción, poñéndose a disposición da veciñanza a conta bancaria ES51 2080 0082 4130 0007 3452, e poderase solicitar un certificado a efectos fiscais antes do 31 de decembro en Cáritas ou Cruz Vermella.

Para máis información, pódese chamar a Cáritas no 686 05 05 85; a Cruz Vermella no 981 71 71 36 ou a Servizos Sociais do Concello de Vimianzo no 981 707 426. Os establecementos nos que depositar o contido nas “caixas solidarias” están dispoñibles nas redes sociais municipais.

02 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.