Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Surfing na escola en Camariñas

CAMARIÑAS. O día 26 comezarán as clases prácticas do programa Aprende a través do Surfing, no que participarán 100 estudantes de segundo, terceiro e cuarto curso dos colexios O Areal e Ponte do Porto. A iniciativa naceu co obxectivo prioritario de seguir acercando o mar e os diferentes modelos de surf aos estudantes de primaria, ao tempo que pretende concienciar sobre o coidado do mar. Como novidades, neste curso, súmanse o programa Xogade da Xunta e incorpórase Aprende a través do Surfing ao proxecto Explora 10, impulsado polo Concello de Camariñas, e que a Consellería de Medio Rural ten a ben sufragar nunha parte, para potenciar o turismo deportivo na Costa da Morte. A súa misión é a de estruturar, organizar e potenciar este tipo de actividades a través de accións conxuntas entre os municipios participantes: Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas.

O concelleiro de Deportes, Fabián Canosa, quixo “agradecer aos centros educativos a súa predisposición a participar neste proxecto transversal que con tanto cariño desenvolvemos”.

23 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.