Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Talento feminino e da Costa da Morte unido en Todas Nós

Trinta mulleres acudiron á chamada para crear un espazo de encontro de profesionais da zona

Case trinta mulleres acudiron á chamada para crear un espazo de encontro de profesionais da Costa da Morte, ao amparo do programa Todas Nós, que ten como obxectivo visibilizar e pór en valor o traballo e as aportacións á sociedade das mulleres rurais.

A iniciativa consta do Directorio Todas Nós, destinado a mulleres profesionais ou emprendedoras que naceron ou viven nalgún concello da Costa da Morte e que teñen máis de cinco anos de experiencia profesional. Tamén consta dunha iniciativa complementaria bautizada como A Incubadora, destinada a mozas recén graduadas ou con menos de cinco anos de experiencia profesional, do que xa forma parte catro xoves destas comarcas.

Entre as que xa sumaron á iniciativa impulsada pola Consultora Nós Igualdade, que dirixe a socióloga Patricia Vaquero, hai xornalistas, psicólogas, logopedas, enxeñeiras, arquitectas, ilustradoras, escritoras, representantes políticas, sociólogas, avogadas, emprendeoras....

Tamén se sumaron mulleres mozas que están promovendo “proxecto xeniais”, afirma Vaquero. Así, hai unha fotoxornalista afincada en Estambul, que na actualidade está cubrindo os movementos e reivindicacións dos dereitos das mulleres turcas debido á retirada do país do Tratado de Estambul sobre violencia contra o colectivo feminino.

“Somos cerca de trinta mulleres de diferentes sectores, idades e profesións, todas distintas, pero todas iguais nas ganas de compartir, tecer redes, colaborar, visibilizar e pór en valor o noso traballo, o noso talento”, engade.

Patricia Vaquero asegura que os directorios son só o principio, unha parte “pola que comezar a coñecernos e poñernos cara, pero estamos xa xerando novas accións que permitan seguir aportando valor e visibilizando o aporte individual e colectivo das mulleres da Costa da Morte”.

Pódense visibilizar na páxina web de Nós Igualdade (https://nosigualdade) e estarán abertos permanentemente para que máis mulleres poidan incorporarse cando queiran, complementando un cuestionario dipoñible tamén na rede. “Esperamos e desexamos que cada vez sexamos máis mulleres, creando redes, comunidades e colaboración”, sinala Vaquero.

25 mar 2021 / 18:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.