Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 07 febrero 2023
18:00
h

Terra Atlántica propón tres programas para dar visibilidade ás marcas

Activaranse en 2021 e xerarán sinerxías para empresas turísticas, do agro e da cultura

Baio. A marca Terra Atlántica ofrece a posta en marcha de tres programas para impulsar a visibilidade e o negocio das entidades asociadas, que se deron a coñecer na xornada Novos retos, celebrada en Baio (Zas).

Un deles sería o programa Saborea Terra Atlántica, dirixido a entidades do sector primario e asociadas á venda de produto, así como a empresas de hostalaría e restauración. Consistiría na dinamización do produto da terra-mar, concursos de receitas populares e tapas, feiras ou foros que conxuguen o patrimonio inmaterial coa tradición gastronómica ou a difusión dixital coa colaboración de persoas recoñecidas no sector.

Estaría complementado con Respira Terra Atlántica, centrado en empresas que presten servizos para o sector terciario, así como as asociadas ao sector turístico. Incluiría actividades de turismo activo ou a ideación da Semana Terra Atlántica, que combinaría temáticas de turismo, deporte e patrimonio.

Pola súa banda, o comercio e o sector servizos contarían co programa Terra Atlántica Aberta, para reforzar o consumo de produtos e servizos na Costa da Morte por parte da poboación da zona. Incluiría convenios cos concellos e a posta en marcha de fórmulas de xestión e apoio para dotarse dun servizo de información e asesoramento. M. L.

30 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.