Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Acondicionan medio cento de terrazas na Costa da Morte coa axuda da Xunta

Carballo. Cincuenta e dous restaurantes e cafeterías da Costa da Morte recibiron axudas da Xunta de Galicia para acondicionar as súas terrazas e adquirir materiais de empaquetado de comidas e bebidas para servir a domicilio. En total repartíronse máis de 460.000 euros, nunha convocatoria que cubriu o 80% do investimento, segundo informou o delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, durante a súa visita ao Dubra Café, de Carballo, que foi un dos beneficiarios.

O Concello carballés foi o que máis axudas recibiu (13 en total), seguido de Vimianzo (9), Muxía (6), Cee (5), Zas (4), Dumbría e Laxe (3 cada un), Ponteceso e Camariñas (2), e Corcubión, Fisterra, Cabana, Malpica e Cerceda (1 cada municipio).

As axudas permitiron as beneficiarios cubrir os gastos e investimentos realizados en pechamentos estables ou elementos desmontables de illamento ou protección, calefactores, mobiliario, luminación, e melloras de fachadas. M. L.

22 abr 2021 / 16:34
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.