Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Crearase un directorio no que se coñecerán e se poñerán en valor os seus oficios // Tamén haberá un espazo para as mozas recén graduadas ou con menos de cinco anos de experiencia profesional

Todas Nós, un programa que trata de visibilizar o papel fundamental das mulleres profesionais no rural da Costa da Morte

Na actualidade, o rol da muller profesional no rural segue sen recibir a importancia e mérito que merece. Estamos inmersos nun contexto social e económico no que as oportunidades laborais vense reducidas para este colectivo.

Nós Igualdade, consultora especializada en proxectos de igualdade de xénero, traballa na posta en marcha dunha iniciativa que recibe o nome de “Todas Nós”. O seu obxectivo principal é visibilizar e poñer en valor o traballo e aportacións á sociedade das mulleres rurais profesionais na Costa da Morte. “En el rural hay menos oportunidades laborales y formativas cuando realmente hay mucho talento femenino. Son numerosas las mujeres que están aportando profesionalmente al desarrollo de sus pueblos y aldeas”, comenta Patricia Vaquero, socióloga e directora de Nós Igualdade.

A idea é volcar todo o contido nun directorio no que poida participar calquera muller profesional ou emprendedora e de calquera sector, co único requisito de que conte cunha experiencia profesional mínima de cinco anos. Ese directorio permanecerá visible no tempo na web de Nós igualdade e lanzarase nos vindeiros días. “Hicimos unha dinamización y algunas mujeres ya se han inscrito, pero estará abierto para más incorporaciones”, comenta.

A maiores tamén se diseñou o programa Incubadora destinado ás novas xeracións que tras finalizar as súas carreiras afróntase a dificultade de atopar traballo. “Creamos otro directorio para las jóvenes que no tienen bagaje profesional ya que es importante que tengan un referente y se creen redes para compartir vivencias y expectativas”, añade Patricia Vaquero.

Nun principio, Todas Nós ía lanzarse o ano pasado pero a pandemia impediuno. Agora todo está enfocado en conseguir o seu lanzamento e facer maior divulgación. “La intención era realizar una presentación donde nos pondríamos cara pero las circunstancias son las que son y no es el momento de promover reuniones con mucha gente. Esperamos juntarnos todas antes de finalizar el año para hablar e intercambiar experiencias y opiniones”, considera.

Co paso do tempo crearanse diferentes actividades e accións para ir xerando colaboración e comunidade. “Esperemos que la gente cada vez se inscriba más. Saldremos aproximadamente con 30 mujeres entre las que hay psicólogas, ingenieras, profesionales de la rama de la comunicación y fotografía, ilustradoras, arquitectas, concejalas de Igualdad...”, destaca.

Cando Patricia comezou o seu camiño coa consultora tiña claro que quería crear os seus propios proxectos ademais dos que lles solicitan dende empresas e institucións. “Todas Nós aporta valor al contexto en el que vivimos y a las personas que forman parte del mismo, que en este caso es el medio rural y la Costa da Morte”, conclúe.

09 mar 2021 / 17:16
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.