Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Traballadores de Xeal rexeitan a supresión do servizo de practicaxe

Entenden que, xunto co traslado da grúa do porto de Brens, “supón un duro golpe á continuidade das fábricas de ferroaliaxes” de Cee e Dumbría

Traballadores e traballadoras de Xeal, apoiados por veciños da comarca, concentráronse este xoves diante das oficinas de Portos de Galiza en Corcubión en rexeitamento á supresión do servizo de practicaxe e o traslado da grúa do porto de Brens, así como para reclamar futuro industrial e emprego na comarca.

A decisión da Xunta, administración da que dependen os portos de Corcubión, Corme, Laxe e Cee, “de recortar á metade os custes do servizo ten provocado que a licitación quede deserta. Isto supón un duro golpe á continuidade das fábricas de ferroaliaxes, xa que contar co práctico e a súa tripulación é preceptivo para que os barcos que chegan coa materia prima e os que levan o produto elaborado poidan entrar e saír do porto”, afirman.

Na protesta, o presidente do comité, Alfonso Mouzo, advertiu que Xeal “podería aproveitar esta circunstancia para facer inviábeis as fábricas acolléndose a escusa dos altos custes do transporte das materias primas por estrada, que se dispararían”. Ademais, engadiu, “para rematar con calquera posibilidade de actividade no noso porto, tamén se vai trasladar a grúa de Brens ao Porto Exterior da Coruña”

O comité acordou tamén solicitar o apoio das corporacións locais de toda a comarca mediante a presentación de mocións para a súa votación nos plenos municipais.

03 nov 2022 / 19:38
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.