Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Triple cita co teatro en Cee e Dumbría

Cee. Os amantes do teatro teñen esta fin de semana tres citas en Cee e Dumbría. Na vila ceense este sábado, ás 20.00 horas, a compañía madrileña Bestiario representará o espectáculo El viaje a ninguna parte. Pódense comprar as entradas unha hora antes na taquilla da casa da cultura.

E o domingo será o turno de Luis Zahera, que presentará ás 19.00 horas o seu exitoso monólogo Chungo. A actuación está enmarcada no programa Cee Comedy. Primeiro Ciclo de Humor.

Pola súa banda, a casa cultural de Olveira (Dumbría) acollerá a compañía Aantena Teatro, que representará a obra Relato para un incendio, de Ernesto Is. A función comezará ás 20.00 horas e a entrada é gratuíta. J. M. Ramos

21 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.