Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Un museo dos naufraxios na vella lonxa camariñana

Darán unha nova vida a un edificio baleiro en estado ruinoso // Acollerá unha zona adicada a ciclos formativos para os mariñeiros

A Deputación da Coruña comprometeuse a financiar o proxecto do Concello de Camariñas para a transformación do edificio da lonxa vella, que actualmente está baleiro e en estado ruinoso, no Museo dos Naufraxios.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, e a alcaldesa, Sandra Insua, reuníronse para concretar a apoio a este ambicioso proxecto, “que permitirá transformar o inmoble nun espazo expositivo de referencia para a comarca da Costa da Morte”, sinalan.

No encontro, no que tamén estiveron presentes os concelleiros e concelleiras Encarna Liñeiro, Sergio Caamaño e Begoña Tajes; González Formoso interesouse polos detalles do proxecto, que tamén contará cunha zona destinada a albergar conferencias ou cursos formativos dirixidos aos traballadores e traballadoras do sector do mar.

Destacou que “o edificio está nunha localización estratéxica e forma parte da historia recente do sector pesqueiro de Camariñas” e lembrou que “a Costa da Morte en particular e a provincia en xeral necesitan deste tipo de espazos para pór en valor o enorme patrimonio que agocha a nosa costa”.

Sandra Insua agradeceu o apoio da Deputación “xa que, despois de que conseguiramos a cesión do edificio da vella lonxa por parte de Portos de Galicia, a financiación é imprescindible para poder acometer este proxecto para darlle utilidade e pór en valor parte da historia de Camariñas, que estea en bo estado e que volva ser útil”.

Na reunión, o presidente da Deputación e a rexedora camariñana tamén avaliaron outros asuntos de interese para o municipio, como a construción das beirarrúas de Camelle de Arriba, que se incluirán no Plan de Vías e Obras que se aprobará no pleno da Deputación deste mes.

Tamén avanzaron na subvención que cada ano destina o organismo provincial para financiar a organización da Mostra do Encaixe. Concretarase, como é habitual no mes de outubro, cando está prevista a feira presencial que este ano tampouco foi posible celebrar na Semana Santa.

19 may 2021 / 18:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.