Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Un Nadal infinito, e de libro, en Fisterra

O hotel Bela Fisterra acolle Un nadal infinito, e de libro!!, un ciclo de eventos literarios pensado para promocionar os libros como bos compañeiros e mellores agasallos.

Hoxe, día 4, a partir das 12.00 horas, é a primeira cita con A Irmandiña. O IV libro de Misterios de Ferrolterra, de Rober HL Cagiao. Ademais, o autor galego manterá unha conversa irmandiña con Rodrigo Costoya, escritor de novela histórica. A fin da Terra será a primeira parada dunha viaxe que o levará ata Burgos, León, Salamanca, Valladolid, Madrid, Asturias, Barcelona, Valencia, Donosti, Bilbao, Albacete, Sevilla e, por suposto Galicia, onde fará presentacións en Vigo, Ourense, Compostela, Fisterra, Pontevedra

O vindeiro día 13, ás 19.00 horas, Yolanda Castaño presentará o seu último poemario: A primeira madriña de Marea Viva, e o sábado 17 celebrarán no Bela Fisterra o centenario do clásico Ulises de James Joice. Intervirán os escritores e profesores da UDC Miguel Giraldez, Antonio de Toro e David Clark Mitchell, a partir das 12.00 horas.

O venres día 23, ás 19.00 horas, conmemorarán un novo centenario, neste caso do manifesto Máis alá de Manuel Antonio, o poeta do mar nado en Rianxo, coas intervencións de Xosé Luís Axeitos, Modesto Fraga e Alexandre Nerium, e coa colaboración da Casa Museo Manuel Antonio de Rianxo.

O ciclo pecharase o día 8 de xaneiro coa presentación de Pesadelo da creación, de Branca Vilela. A cita coa poeta fisterrá será ás 12.00 horas.

04 dic 2022 / 10:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.