Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Unidade en Vimianzo ante a crise sanitaria e o confinamento

A Corporación de Vimianzo celebrou o venres unha sesión plenaria na que todos os grupos políticos amosaron a súa unidade ante delicada situación que está a vivir o Concello pola elevada incidencia do Covid-19, o que levou á Xunta a ordenar o peche perimetral do municipio e a restrinxir a mobilidade e os encontros sociais.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, amosou a súa preocupación, e rógalle á poboación “extrema prudencia e seguir en todo momento as recomendacións que nos emiten os organismos competentes en materia de Sanidade”. Apela á importancia “dun excelente comportamento individual para poder saír desta o antes posible” e incide no “complicado da situación” pero asegura que se “está a traballar para “revertila o antes posible”, afirma.

Dende Adiante Vimianzo amosaron tamén a súa solidariedade coa veciñanza “nun momento tan crítico” e fan igualmente un chamamento á responsabilidade individual para cumprir os protocolos sanitarios en todo momento e non relaxar as condutas baixo ninguha circunstancia e a cumprir a normativa vixente”. Son conscientes de que “é un tempo difícil no que temos que poñer o que estea nas nosas mans para poder saír adiante, e estamos seguros que o conseguiremos e que a sociedade vimiancesa sairá reforzada desta pandemia”.

Pola súa banda, o PP, a través da súa portavoz, Raquel Rodríguez, quixo transmitir unha mensaxe de “tranquilidade e moito ánimo”, convencida de que “a unión e a forza permitirannos saír adiante”. É o momento, engadiu, de “axudarnos entre todos, e nós estaremos aí para o que faga falta”, concluíu.

30 oct 2020 / 21:35
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.