Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vimianzo acometerá unha reforma integral do ximnasio municipal

Vimianzo. Na capital de Soneira, o Concello de Vimianzo proxecta unha reforma integral do ximnasio municipal. O proxecto contará cun orzamento de case 173.000 euros. A idea é poder contar cunha infraestrutura completamente renovada e “adaptada ao novo contexto”, sinala o edil de Deportes, Mario Andújar.

Así, plantéxase a reforma do primeiro andar para a adecuación do espazo ás necesidades das persoas usuarias, e para elo proponse a redistribución de todo este espazo, deixando toda a planta diáfana para o uso como ximnasio, cun pequeno aseo adaptado.

No novo deseño están previstas cinco zonas claramente definidas: unha de cardio, con vistas ao exterior por medio dunha gran cristaleira; un corredor de arrastre, en herba artificial; a de musculación; unha de peso morto e outra destinada a estiramentos, ámbalas dúas rematadas con losetas de caucho.

Ademais, redimensionaranse os espazos de luz para dotar de maior iluminación a todo o primeiro andar, e adaptarase a instalación de fontanería e saneamento para dar servizo ao novo aseo adaptado. Na zona do porche realizarase unha peza de pedra en formigón armado e instalarase unha varanda en todo o perímetro. Limparanse e pintaranse todas as fachadas do edificio con pintura de acabado mate.

O concelleiro de Deportes, Mario Andújar, confía así en “dotar ao noso municipio dun complexo deportivo acorde ás necesidades das persoas usuarias, un espazo con moita demanda e cuxas intervencións responden precisamente a isto, ao que xa nos viña trasladando a veciñanza desde que comezamos a gobernar”.

07 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.