Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vimianzo aprobou un novo Plan de Igualdade de oportunidade

O Concello de Vimianzo aprobou o IV Plan de Igualdade de oportunidades entre homes e mulleres para os anos 2022-2026, despois de terse realizado un diagnóstico da realidade desde a perspectiva de xénero, co obxectivo de alcanzar a igualdade maneira real e efectiva, e conseguir que o concello adquira o compromiso para facer do municipio un lugar onde a igualdade de oportunidades sexa a base da convivencia.

A posta en marcha deste plan “é o resultado dunha aposta decidida da concellaría de Igualdade polo traballo estratéxico e constante neste ámbito, que permitirá construír entre todas e todos un municipio máis igualitario”, afirman dende o goberno local.

Este plan “nace como estratexia metodolóxica para a implementación das políticas de igualdade en Vimianzo; para permitir a incorporación da perspectiva de xénero na administración local; para promover unha concienciación real de toda a cidadanía sobre a sociedade patriarcal na que vivimos e como iso configura quen somos e como nos comportamos; para ser conscientes das consecuencias e das causas da desigualdade estrutural coa que convivimos; para promover a participación das mulleres, para darlles voz, para facelas visibles e poñer en valor o traballo e as súas aportacións á sociedade; para loitar activamente contra calquera violencia cara a muller, polo simple feito de selo. En definitiva, nace para seguir camiñando e conseguir unha sociedade máis libre para todas as persoas, máis xusta e igualitaria, engaden.

A concelleira de Igualdade, María José Pose, sinala que “sabemos da grandeza dos nosos obxectivos, pero igual de grandes son as nosas conviccións e, por iso, comezo esta nova etapa coa certeza e a crenza de que o traballo constante e decidido permiten o avance cara o camiño da igualdade. Que así sexa”.

31 may 2022 / 16:34
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.