Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vimianzo destina máis de 160.000 € a axudas a microempresas locais

Mónica Rodríguez di que se trata de apoiar a un dos sectores máis castigados pola crise

Vimianzo. O Concello vimiancés destinará 160.577 euros para axudar aos autónomos e ás microempresas que conforman o tecido económico do municipio. A administración local aportará 32.115 €, mentres que o restante será facilitado pola Deputación da Coruña.

Estas axudas forman parte do programa PEL Reactiva do organismo provincial, e buscan darlle solucións ás problemáticas derivadas da crise sanitaria provocada polo covid-19. O Concello xa iniciou en maio os contactos para impulsar estas subvencións, cando se estaban artellando”. A alcaldesa, Mónica Rodríguez, destaca a colaboración entre administracións “para facer fronte común ante esta problemática acaecida ao longo de todo o noso país, e como non, tamén en Vimianzo. Temos que conseguir apoios para dotar de axudas a un dos sectores máis castigados pola crise sanitaria”, apunta a rexedora.

Lembra ademais que o Concello “xa con anterioridade estabamos ao carón da veciñanza, pero non podemos facer oídos xordos á realidade que nos anega. É a nosa responsabilidade darlle solucións e oportunidades ao que peor o están a pasar nestes momentos”, engade.

Outros concellos da zona xa abriron o prazo para poder solicitar as devanditas axudas do PEL Reactiva. M. R. L.

24 sep 2020 / 18:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.