Vimianzo e Malpica adian actos culturais e formativos
A situación sanitaria e as novas medidas restrictivas para evitar contaxios polo covid-19 fixeron que os concellos de Vimianzo e Malpica decidisen adiar distintas actividades culturais e formativas que tiñan programadas. Así, na capital de Soneira non se celebrarán as representacións teatrais, os contacontos nin a función de maxia que estaban programadas para esta fin de semana. “Queremos transmitir unha mensaxe de tranquilade. Consensuamos esta decisión para frear a transmisión do virus”, afirmou a alcaldesa, Mónica Rodríguez. Pola súa banda, en Malpica tamén suspenderon os obradoiros de memoria e informática para persoas maiores. Serán reprogramados cando se poida garantir a seguridade de todas as persoas inscritas, afirman.
23 oct 2020 / 18:49
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en
Mi Correo Gallego.