Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vimianzo fará unha drenaxe na estrada de Baíñas a Dumbría

Vimianzo. O Concello vimiancés licita o proxecto de construción da ODT (Obra de Drenaxe Transversal) e mellora da pavimentación na vía que une de Baíñas e Dumbría, con actuacións tanto na súa plataforma como nos elementos de drenaxe.

Nun primeiro momento preténdese a construción dunha nova ponte sobre o rego das Touzas, así como a reparación do firme desta vía nunha lonxitude de 1.100 metros. O paso sobre a auga está resolto, na actualidade, mediante un marco de formigón, conformando un estreitamento do río neste punto, o que provoca que en época de fortes choivas se asolague a zona. Esta circunstancia, afirman, supón un grave risco na seguridade viaria, ademais do constante deterioramento do firme.

A prioridade do goberno local era actuar xa neste outono, aínda que non puido licitar o proxecto debido a que “non contabamos con todos os permisos, polo que non puidemos iniciar o procedemento ata que a parte administrativa quedase resolta”, afirman desde o executivo.

Previamente á execución da ponte, contémplanse despexar a zona levando a cabo tarefas de roza; demoler a obra de drenaxe existente e os muros de contención lateral e tamén a cuneta de formigón, ademais de retirar o firme da vía nunha superficie total de 182 metros cadrados e mover as terras tanto como sexa preciso para a cimentación.

“O noso obxectivo é darlle solución dunha vez por todas a unha problemática que vimos arrastrando de anos atrás; é unha demanda histórica da veciñanza e tamén dos e das transportistas, xa que a diario teñen que adecuar e modificar a súa ruta para rodear esta zona, un prexuízo para moitas e moitos deles”, sinala o tenente de alcaldesa, Víctor Muíño.

14 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.