Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vimianzo invita a crear un xardín pola igualdade

Terra de Soneira. O Concello de Vimianzo, con motivo do Día Internacional da Muller pretende crear un xardín vertical no miradoiro da Torre, baixo o lema (Im)plantemos a igualdade, no que poderá participar a veciñanza mediante cita previa. Habilitarase o número de teléfono 604 004 086, que estará dispoñible o mércores 3 e o xoves 4 de marzo. A composición terá lugar durante toda a xornada do venres. O luns 8 de marzo celebrarase o acto de presentación do xardín rematado ás 12.00 horas. Por outro lado, convocouse o concurso de imaxe gráfica coa finalidade de promover a igualdade e empregar como distintivo nas comunicacións e documentos oficiais do Concello de Vimianzo, e propiciar así unha reflexión sobre as desigualdades de xénero establecidas na sociedade. Participará o alumnado do IES Terra de Soneira e o prazo finaliza o vindeiro 22 de marzo. A imaxe debe expresar a reivindicación da igualdade entre as persoas.

Por último, tamén está prevista a organización o vindeiro 11 de marzo dun teatro-coloquio coa compañía Tarabela Creativa e cuxos destinatarios serán as alumnas e alumnos do obradoiro de emprego. Será na Casa da Cultura ás 10:30 horas e o espectáculo denomínase Tabú, un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade das mulleres que son cimento da nosa terra. A obra, de Carmen Conde, nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude.

02 mar 2021 / 17:33
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
8-M
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.