Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vimianzo pon en valor o seu patrimonio material e inmaterial en terras búlgaras

Toma parte nun novo encontro internacional no que participan 40 municipios de 8 países

Vimianzo. O Concello de Vimianzo continúa exportando o potencial da súa riqueza material e inmaterial no 7º Encontro Internacional #EuSAVE denominado Foro internacional sobre a sustentabilidade social e o patrimonio cultural das zonas rurais que se está desenvolvendo na cidade búlgara de Berylovo.

O obxectivo prioritario desta edición é a creación de innovadoras estratexias de desenvolvemento conxunto para vilas históricas, intelixentes e sustentables da Unión Europea. Desde este martes 30 de agosto e ata o sábado 3 de setembro, representantes de España, Italia, Croacia, Bélxica, Portugal, Bulgaria, Letonia e Macedonia poñerán sobre a mesa as fortalezas e puntos a mellorar das vilas históricas que os integran.

O Concello de Vimianzo, que lidera o proxecto europeo, no que participan 40 municipios rurais de menos de 10.000 habitantes, está representado pola axente de desenvolvemento local, Rosa Sánchez. A súa función primordial será trasladar todo o potencial cultural, paisaxístico, social e económico do municipio para seguir buscando novas formas de crecemento a nivel local e europeo.

Tamén será a encargada de recoller os plans de actuación doutros lugares para poder ver se terían cabida en Vimianzo e seguir poñendo en valor todo a súa riqueza.

Desde o goberno local sinalan que este novo encontro é “unha oportunidade máis para dar a coñecer o noso e para seguir medrando da man con outras vilas históricas da Unión Europea, coidando a comunicación con outros compañeiros e compañeiras que, a pesar da distancia, comparten os nosos problemas e tamén as nosas oportunidades”.

O propósito global da iniciativa #EuSAVE – Citizens’ action for Smart Historic Villages é crear unha rede de vilas históricas europeas onde a súa cidadanía participe e se implique en diferentes iniciativas que fomenten a vida socioeconómica da localidade e que promovan accións de compromiso social definindo estratexias de desenvolvemento local baseadas nas oportunidades que ofrece o patrimonio cultural material e inmaterial deses territorios históricos como activos para o crecemento rural intelixente, sustentable e inclusivo da UE.

01 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.