Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vimianzo prepara xa as actividades no castelo e os batáns do Mosquetín

A Deputación aportará noventa e sete mil euros para a xestión e atención de visitantes

Vimianzo. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, e a alcaldesa do Concello de Vimianzo, Mónica Rodríguez, asinaron esta mañá o convenio de cooperación para a xestión con atención de visitantes da Mostra de Artesanía en Vivo e outras actividades do castelo e os Batáns do Mosquetín durante o 2021. A achega da provincial sitúase nos 97.000 euros.

O castelo de Vimianzo é un dos conxuntos máis visitados da Costa da Morte, e volverá a ter visitas teatralizadas para a tempada alta, e tamén está previsto realizar visitas nocturnas. O plan de acción inclúe outras actividades para realizar ao longo do ano, ca

fin de involucrar á poboación local e ás persoas visitantes.

Está previsto levar a cabo un obradoiro de decorados medievais, un desfile de moda de liño, un obradoiro de maquetas de barcos, exposicións temáticas na cociña, palilladas no patio do castelo, roteiros a pé pola contorna do monumento, relatorio, actuacións musicais e audiovisuais.

Nos batáns e muíños do Mosquetín, en tempada alta elabórase un calendario de visitas guiadas e en tempada baixa pódense concertar,limitando este servizo á disposición dos recursos. Haberá roteiros a pé pola súa contorna, relatorios, obradoiros de saberes tradicionais relacionados cos muíños e o bataneiado e actuacións musicais e audiovisuais.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que “para nós tanto o Castelo de Vimianzo como os Batáns do Mosquetín son unha referencia patrimonial e histórica da provincia. Seguiremos promovendo e facilitando a actividade artesá, unha maridaxe perfecta e que lle vén moi ben tanto ao patrimonio histórico como a actividade económica que se desenvolve en Vimianzo. Hoxe asinamos un novo acordo para seguir sendo responsables coa nosa historia e co futuro que supón a artesanía”, destacou.

Pola súa banda, a alcaldesa de Vimianzo agradeceu en primeiro termo “a implicación da Deputación da Coruña cos nosos bens patrimoniais, especialmente o Castelo e os Batáns, así como coa nosa artesanía. A sinatura deste convenio supón un novo paso adiante no compromiso tanto co noso patrimonio como coa nosa artesanía”, incidiu.

05 mar 2021 / 16:34
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.