Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vimianzo redeseñará o ximnasio atendendo ás demandas dos usuarios

Vimianzo. O Concello de Vimianzo licita o proxecto de reforma integral do ximnasio, unha das instalacións con máis demanda de todas as de competencia municipal. Contará cun orzamento base de case 173.000 euros e o prazo de presentación de ofertas remata o 18 de novembro.

A idea é poder contar cunha infraestrutura completamente renovada e “adaptada á nova realidade”, sinala o concelleiro de Deportes, Mario Andújar. Así, plantéxase a reforma do primeiro andar para a adecuación do espazo ás necesidades das persoas usuarias. Para elo proponse unha redistribución deixando toda a planta diáfana para o uso como ximnasio, cun pequeno aseo adaptado.

No novo deseño están previstas cinco zonas: unha de cardio, con vistas ao exterior por medio dunha gran área acristalada; un corredor de arrastre, en herba artificial; musculación; peso morto e unha área destinada a estiramentos, ámbalas dúas con losetas de caucho. Redimensionaranse os espazos de luz para dotar de maior iluminación a todo o primeiro andar, e adaptarase a instalación de fontanería e saneamento para dar servizo ao novo aseo adaptado. Na zona do porche, na planta baixa, realizarase unha peza de pedra en formigón armado e instalarase unha varanda en todo o perímetro. Limparanse e pintaranse todas as fachadas do edificio con pintura de acabado mate.

O concelleiro de Deportes, Mario Andújar, confía así en “dotar ao noso municipio dun complexo deportivo acorde ás necesidades da veciñanza, un espazo con moita demanda e cuxas intervencións responden precisamente a isto, ao que xa nos viñan trasladando moitas persoas desde que comezamos a gobernar”, finaliza.

31 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.