Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vimianzo renova máis de catro mil luminarias nas catorce parroquias

A Corporación estuda o venres o proxecto, que está orzamentado en máis de dous millóns

Vimianzo. A Corporación de Vimianzo estudará o venres o proxecto de renovación das instalacións de alumeado e sinalizacións exteriores de todo o municipio, valorado en 2,3 millóns de euros, e para o que conta cunha subvención do Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE). Segundo o goberno local, é un dos “proxectos máis ambiciosos de toda a lexislatura.” O IDAE aportará o 80% do orzamento e o Concello 472.473,70 euros

A Administración local xa conseguiu os derradeiros informes sectoriais para iniciar o proceso de licitación, e tan só falta a aprobación por parte do pleno.

Esta renovación do alumeado permitirá conseguir un aforro de máis do 50% para as arcas municipais no que respecta á facturación deste servizo, implementándose a tecnoloxía LED, máis eficiente e con menor impacto ambiental. Estas luminarias empregan o 95% da enerxía da luz e tan só se desperdicia un 5% en calor, facéndoas máis duradeiras. En total cambiaranse 4.010 puntos de luz en 133 lugares.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, subliña que “suporá un antes e un despois na nosa factura, e polo tanto na de toda a veciñanza, ademais de significar un cambio radical na mellora lumínica e, vencellado a isto, da seguridade viaria nas 14 parroquias.”

Realizarase unha intervención por fases ata completar os espazos nos que exista alumeado público. Aproximadamente o 35 % do Investimento destinarase ao retranqueo de liñas e reubicación dos puntos de luz no casco urbano de Vimianzo, perseguindo no só unha mellora na eficiencia enerxética da instalación do alumeado exterior, senón unha mellora estética e de seguridade coa implantación de iluminación específica nos pasos de peóns.

23 mar 2021 / 17:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.