Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vimianzo tentará que o legado do castro das Barreiras sexa exposto na capital de Soneira

Onte comezou outra fase de escavación // Tito Concheiro di que ten un gran potencial turístico, cultural e de investigación

Onte comezou en Vimianzo unha nova fase de escavación no Castro das Barreiras, baixo a supervisión do arqueólogo Tito Concheiro. Ata alí achegáronse tamén a alcaldesa, Mónica Rodríguez; o concelleiro de Obras, Miguel Ángel Rodríguez e o técnico do departamento de Turismo, Manuel Rial, quenes plantexaron como obxectivo de futuro a creación dunha exposición ou mesmo dun espazo adicado ás pezas que se teñen descuberto no xacemento.

“Traballaremos nelo para que os vimianceses e os de fóra teñan un punto para poder visitar estes elementos que temos que dar a coñecer”, sinalou a rexedora. Afirmou non obstante que, “os números son os que son, pero estudaremos a posibilidade de darlle visibilidade a este legado”.

Entre os materiais atopados destaca un betilo (peza cónica granítica de carácter simbólico que formaba parte dos lugares de culto), dos que só se atoparon outros tres en castros costeiros de Galicia. Ademais, tamén recuperaron un coitelo do século II a. C. sin parangón na nosa Comunidade, e cerámicas en bo estado de conservación.

Tito Concheiro asegura que o das Barreiras é un asentamento “extraordinario”, e hai que entendelo “en relación co seu potencial turístico, cultural e de investigación”. É un castro, engadiu, “cunhas condicións extraordinarias en relación coa súa posta en valor, xa que é parte do Concello, logo de facerse a concentración parcelaria aló polo ano 1969”.

Asegura que o xacemento “é un pouco máis vello do que pensabamos e ademais ten máis ocupación da que previamos”. Di que non hai un castro igual a outro, non están estandarizados, non hai un arquetipo, “pero quizáis este é o que máis me sorprendeu. Apareceron construcións moi singulares para a zona, e esperamos atopar ademais da muralla, unha casa amortizada, que foi anulada como vivenda no seu momento e servirá para coñecer a dinámica vertical do asentamento”, afirmou.

Entre os obxectivos do equipo técnico está datar con seguridade a través do Carbono 14, e tamén continuar coa actividade arqueolóxica. “A mellor maneira de manter conservado un asentamento como este é escavalo: mantelo con vida. E por iso lle quero agradecer á alcaldesa, porque en tempos da covid-19 sacar unha actuación arqueolóxica significa que Vimianzo está na vangarda da dinamización da cultura e do patrimonio”.

15 sep 2020 / 16:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.