Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vimianzo vixiará os clubes de alterne ante a denuncias da veciñanza

Solicitaron a apoio da Subdelegación do Goberno e tamén da xefatura de Sanidade // Están recibindo queixas da veciñanza polo incumprimento das restricións // Aseguran que se está a converter nun “problema de saúde pública”

Vimianzo. O Concello de Vimianzo decididu adoptar medidas “ante a preocupante situación, que está a converterse nun problema de saúde pública”, na contorna de diversos cafés bar cantante (clubes de alterne), afirman.

Remitiron un escrito á Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade “para amosar a colaboración, cooperación ou asistencia precisas para poñer freo a estas circunstancias”. O equipo de goberno local, que preside Mónica Rodríguez, mantivo varias reunións esta semana coa subdelegada do Goberno, Pilar López-Riobóo, e co coronel Francisco Javier Jambrina, xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña, para analizar as actuacións precisas.

Dende o Concello aseguran que xa están tomando medidas ao respecto. Así, ao longo destes días a Garda Civil “está a facer controis na zona e xa hai varias denuncias rexistradas”, afirman. Tamén se sumará á vixiancia continua a Policía Local.

“As queixas que nos traslada a veciñanza son moi preocupantes”, afirma a rexedora, quen tamén enviou un escrito á secretaría territorial da Consellería de Sanidade para a toma das accións oportunas “ao tratarse dun problema de saúde pública”. O Concello ofrece toda a cooperación que sexa necesaria. J. M. R.

12 ene 2021 / 18:16
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.