Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vinte e tres propostas para desfrutar en familia das festas de Nadal en Cee

Ata 23 propostas contempla a programación cultural e festiva do Concello de Cee para o Nadal. Os máis pequenos e pequenas voltarán a ser os reis da casa e contarán con moitas actividades pensadas para eles e as súas familias, aínda que tamén haberá propostas para maiores e mozos.

A programación arrancará o sábado 3, con actividades desde as 17.00 horas e o encendido do alumeado do poboado instalado na Praza do 8 de marzo ás 18.00 horas, xuntamente co encendido do resto da iluminación que contribuirá a poñer unha nota de alegría e de cor nas rúas e prazas da vila ceense, ó tempo que se estimula o comercio local. As actividades desta tarde tan especial continuarán na casa de cultura, a partir das 20.30 horas cun espectáculo teatral de Carlos Blanco e Oswaldo Digón.

Unha das grandes protagonistas deste Nadal será a música con diferentes estilos desde o exitoso musical dos 80 e 90 do día 7 de decembro, pasando polas clásicas panxoliñas do día 10, o jazz do día 17, a música tradicional popular do día 30 ou os ritmos actuais da man da Mega CDC na festa fin de ano.

Entre as citas familiares destacan dúas citas: as visitas de Papá Noel (Noiteboa) e das SS.MM. os Reis Magos (5 xaneiro). Nos dous casos, visitarán as parroquias pola mañá, estando en Cee pola tarde para a tradicional recepción nun ambiente festivo e de ilusión para todos.

O musical Toy Story, o 17 de decembro, o mago Antón na véspera de Noiteboa, diferentes obradoiros de manualidades durante a semana do 26 ao 30 ou as festas de inchables previas á cabalgata de Reis, serán citas ineludibles para os máis cativos nun completo programa de actividades que se complementa cos festivais da Asociación contra o Cancro, o día 11, dos alumnos da Escola de Música o día 20, e as exposicións de pintura, ata o día 15, e de promoción do Camiño a Fisterra e Muxía, a partir do día 17.

01 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.