Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vinteún meses de cárcere para un home que vendía droga en Fisterra

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a 21 meses de cárcere a un acusado de vender droga. O sospeitoso, segundo a sentenza, foi interceptado por axentes da Garda Civil o 22 de marzo de 2020 nun lavadoiro próximo ao cemiterio do lugar de San Martiño de Abaixo (Fisterra), onde quedara cun comprador. Os funcionarios rexistraron a ambos.

O investigado, segundo consta na resolución, portaba 19 envoltorios de plástico, dos cales 18 contiñan heroína e, o restante, cocaína, os cales alcanzarían no mercado ilícito un valor de ao redor de 174 euros. Pola súa banda, o cliente levaba 170 euros en efectivo. O tribunal destaca que o feito de que o condenado portase a droga distribuída en bolsas de pequeno tamaño, así como que a persoa coa que se citou tivese unha suma de cartos “case coincidente co valor en que se taxou a droga”, descartan que a substancia intervida fose para autoconsumo.

11 abr 2022 / 13:34
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.