Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Visibilizando a diversidade no Camiño de Santiago ao seu paso por Cee

A Asociación Sociocultural ASCM leva máis de 30 anos traballando a prol da inclusión // Promoveron distintas actividades de sensibilización e entregaron premios a escolares

A Asociación Sociocultural ASCM, que traballa desde hai máis de 30 anos pola plena inclusión das persoas con discapacidade, achegouse a Cee no marco da súa xira de visibilización da diversidade no Camiño de Santiago, para dar a coñecer SporTodxs Galicia, unha iniciativa enmarcada no programa O teu Xacobeo.

Na vila da Xunqueira foron recibidos pola alcaldesa, Margarita Lamela, e polo portavoz do PP, Antonio Domínguez, na Praza 8 de Marzo, onde invitaron á cidadanía a participar de distintas actividades de sensibilización sobre a realidade das persoas con diversidade funcional cós distintos camiños coma fío condutor.

Asemade, ASCM fixo entrega dos premios aos escolares participantes nos concursos de debuxo e vídeo XacobIN, organizados pola entidade. Os galardóns foron, neste caso, cortesía da Asociación de Empresarios de Cee.

27 mar 2021 / 18:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.