Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Xeal proxecta unha planta de biomasa para a súa factoría de Dumbría

A inversión superará os 10 millóns e permitiralle substituir o carbón mineral polo vexetal

Dumbría. Alejandro Seco, membro do Consello de Xeal, e a directora Corporativa da empresa, María Couto, reuníronse co alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, para presentarlle un novo proxecto encamiñado a construír unha planta de biomasa na factoría dumbríesa para poñer en valor os residuos forestais e convertelos en materia prima para o proceso produtivo da compañía.

En concreto, substituiría así o uso de carbón mineral por carbón vexetal “co conseguinte impacto medioambiental positivo, convertendo as instalacións de Dumbría nunhas das primeiras en producir ferroaleacións verdes, é dicir, con menores emisións de gases de efecto invernadorio”, afirman.

O proxecto suporía unha inversión de máis de 10 millóns de euros, que serían adicionais aos 28 millóns que a compañía anunciou cando se fixo cargo das factorías de Cee e Dumbría. Para a financiación a empresa solicitará a súa participación no Fondo de Transición Xusta.

O alcalde dumbriés, José Manuel Pequeño, valorou positivamente a reunión mantida cos directivos de Xeal e subliñou que este proxecto “situaría a Dumbría na cabeza de produción de ferroaleacións desde o punto de vista medioambiental, ademais de crear entre 25 e 30 postos fixos de traballo no concello”.

Na xuntanza tamén avaliaron as inversións feitas pola empresa e fixeron balance das actuacións desenvolvidas nos últimos anos. Dende Xeal agradecen a colaboración do Concello dumbriés. M. L.

19 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.