Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Xeal reducirá as condicións laborais do seu persoal

    Cee. O comité de XEAL presentou conflito colectivo contra a decisión da empresa de dar por decaído o convenio colectivo propio e pasar a aplicar o convenio sectorial do metal da Coruña, de condicións inferiores. Isto suporá unha perda de dereitos laborais, sociais e salariais que os traballadores (tanto en activo como o colectivo de persoal pasivo) tiñan recoñecidos e que foran conquistando co paso do tempo.

    Dentro das accións acordadas, a representación do persoal presentou esta semana papeleta no SMAC para que inste unha conciliación coa empresa e que esta recoñeza a vixencia e aplique en todos os seus artigos o XII convenio colectivo para as fábricas de Cee e Dumbría e as Centrais Hidroeléctricas, mentres non se chega a acordo para un novo convenio colectivo.

    A decisión da dirección xa supuxo que o persoal non recibira en decembro, por primeira vez en corenta anos, o tradicional lote de nadal. Ademáis, a dirección remitiu un escrito ao persoal comunicándolle un período transitorio de seis meses para a aplicación completa do convenio provincial do metal, e pretende suspender a regulación en materia de permisos retribuídos, antigüidade e acción social. Javier Salutregui

    15 ene 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Cee
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.