Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Zas amosará nas Torres do Allo a historia e os oficios de doce veciños

Zas. A través de doce paneis contase a historia de doce veciños de Zas e os seus oficios, acompañados de obxectos singulares que formaron parte da súa vida e do seu traballo, nunha exposición que poderá verse a partir do venres nas Torres do Allo.

Estes veciños, os cales desempeñaron os seus traballos dende a segunda metade do século pasado, permitiran coñecer como era a labor dun carpinteiro, unha costureira, un canteiro ou unha mestra, entre outros, achegando a unha realidade moi diferente a actual. A mostra, cargada de recordos, conta con fotografías e obxectos únicos, achegados polos propios protagonistas e que permiten contar unha historia chea de momentos singulares, que falan do emprendemento, da sabedoría e, sobre todo, da afouteza.

A inauguración celebrarase este venres, día 19 ás 19.00 horas nas Torres do Allo, e acudirán moitos dos protagonistas desta exposición xunto cos seus familiares así como o alcalde do concello Manuel Muíño. Recordos dun oficio, nome que recibe esta exposición, poderase visitar ata o próximo mes de xaneiro de 2022 en horarios de fins de semana: sábados, domingos e festivos, dende as 11.00 ata as 19.00 horas.

19 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.