Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Zas entregará axudas a preto de cento corenta estudantes do Concello

Zas. Nos próximos días un total de 138 estudantes recibirán as axudas económicas para o curso 2021-2022 outorgadas polo Concello de Zas. Cada un deles recibirá un importe que oscila entre os 120 e os 360 €, en función dos estudos que realicen.

En Ensinanza Primaria outorgarán 36 bolsas de 120 € cada unha; para ESO, FP Básica e ciclos formativos medios, 31 por valor de 150 euros; en Bacharelato e ciclos formativos superiores, 34 de 180 €; e a estudantes universitarios entregarán 37 bolsas de 360 euros.

O obxectivo “é contribuír á integración socio-laboral das familias con menores recursos do noso municipio e para as cales o Concello destina máis de 28.000 euros”, afirman dende o goberno local que preside Manuel Muíño.

A relación de beneficiarios e excluídos pode consultarse a través da sede electrónica do Concello de Zas (https://sede.concellodezas.org). J. M.

05 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.