Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 03 diciembre 2021
15:15
h

Zas organiza un programa de actividades deportivas, de ocio e de lecer

    Zas. Atletismo, fútbol, tenis de mesa, pilates, cociña, manualidades, manexo do móbil, informática, teatro... Son algunhas das propostas que se inclúen no programa de actividades deportivas, de ocio e de lecer para toda a veciñanza que vén de poñer en marcha o Concello de Zas a través do departamento de Cultura e Deportes.

    En total son máis de 25 actividades que se desenvolverán en diferentes localizacións do municipio e que arrancarán o vindeiro 18 de outubro. Dado que o número de prazas é limitado, as persoas interesadas deben facer a preinscrición.

    Coa fin de fomentar o deporte e a actividade física, ofértanse un total de catorce propostas deportivas diferentes. Os máis novos poderán elixir entre fútbol, tenis de mesa, patinaxe, tiro con arco, multideporte, xadrez, balonmán, judo, taekondo e atletismo, mentras que para as persoas adultas haberá clases de pilates, ximnasia de mantemento, ximnasia terapéutica, zumba, tenis de mesa e tiro con arco.

    No programa desta tempada 2021-2022 tamén se inclúen actividades que fomentan a creatividade entre a veciñanza, tales como os cursos de bordado, cestería, manualidades e, como novidade, un obradoiro de Nadal que se realizará en Zas e en Baio e que está dirixido ás persoas adultas.

    Asimesmo, nos próximos días póñense en marcha a Escola de Música e a Escola de Teatro, nas que poden participar persoas de todas as idades.

    De febreiro a abril realizaranse os obradoiros de memoria dirixidos aos maiores e este ano tamén haberá un curso de cociña de dous meses e medio. Dentro do programa de actividades 2021-2022 tamén se inclúe o módulo Zas dixital, no que se ofertan actividades relacionadas coas tecnoloxías e dirixidas ao público adulto. c. z.

    28 sep 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Zas
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.