Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

e microempresas locais

terra de soneira. Dende onte e ata o 6 de outubro, os autónomos e microempresas de Zas poderán solicitar as axudas habilitadas polo Concello para minimizar o impacto económico derivado da declaración de emerxencia do covid-19. A través desta primeira liña, outorgarán de forma directa axudas de 1.000 euros aos que se viran obrigados a pechar e cesar a súa actividade durante o confinamento, e tamén a aqueles que mantiveron abertos os seus negocios e rexistraron unha caída dos seus ingresos superior ao 75 % O Concello destina un total de 150.000 € de fondos propios a esta iniciativa. “Con esta primeira medida pretendemos axudarlle ao pequeno comercio a superar as dificultades económicas derivadas desta pandemia e manter así o maior número de postos de traballo posibles”, sinala Óscar Lema, tenente de alcalde. J. M. R.

22 sep 2020 / 19:38
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.