Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Amplio operativo na ría de Arousa polo aviso de avistamento dunha bengala

Unha chamada a media tarde alertou sobre o elemento lumínico que mobilizou un amplio operativo por terra, mar e aire. Fontes do mesmo indican que “as boas condicións do mar parecen indicar que todo foi unha falsa alarma”

Unha chamada a media tarde que alertaba sobre o avistamento dunha bengala na ría entre a Illa da Toxa Pequena (O Grove) e Cambados mobilizou un amplio operativo a cabalo entre ambos concellos no que participaron Salvamento Marítimo, os servizos de Emerxencias, Garda Civil e a Cofraría de San Martiño do Grove.

Ata o lugar desprazáronse, por mar, o helicóptero Pesca I e unha avioneta mentres que por mar o fixo a embarcación Sargadelos de Salvamento Marítimo, ademais de varios botes do servizo de Emerxencias meco e así como da cofraría da localidade. Mentres que tanto a Policía Local como o Instituto Armado realizaron búsquedas por terra tanto no Grove como en Cambados.

O elevado volume de traballo no mar que xerou na ría a recente apertura da veda da centola, con especial relevancia na lonxa do Grove, provocou unha gran alarma na vila. Non obstante, fontes do servizo de Emerxencias meco –os primeiros en chegar á canle xunto cos botes da Cofraría– destacan que as boas condicións do mar, en “calma chicha”, afastou pronto os peores presaxios.

A búsqueda, non obstante, continúa aínda que dende o operativo ratifican que as boas condicións metereolóxicas “parecen indicar que todo se trata dunha falsa alarma”.

12 nov 2020 / 20:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.