Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Éxito no lanzamento da campaña Son da Casa! para incentivar o comercio local de Vilagarcía neste anómalo Nadal

A campaña de bonos Son da Casa impulsada polo Concello de Vilagarcía de Arousa na súa versión de Nadal arrancou este fin de semana dun xeito espectacular, tras venderse durante as primeiras catro horas 671 packs.

Trátase dunha tarefa de apoio aos “pequenos negocios -de comercio, de hostalería, dos máis diversos servizos- que dan luz ás nosas rúas, e non só iluminando escaparates, barras e terrazas, senón enchendo de vida a cidade”, defenden dende Ravella.

O Concello aporta á campaña na súa primeira fase 37.500 euros, é dicir, un euro por cada habitante censado. Os vilagarciáns aportan 20 euros por bono, e adquiren con el 10 máis do peto común para gastar no comercio local.

Unha campaña que aporta polo tanto un beneficio tridireccional: en primeiro lugar o cidadán, xa que obtén un desconto do 33% na súa compra; os negocios, porque ven fluir o diñeiro para recuperar o pulso; e o Concello, porque axuda a protexer o tecido social e económico local.

Os bonos pódense adquirir tanto de xeito presencial coma por internet. A presencial desenvolverase todos os sábados do mes de decembro entre as 11:00 e as 13:00 horas. nunha carpa habilitada na praza de Galicia. O éxito na xornada do pasado sábado foi rotundo, con colas constantes, ata esgotar os 300 packs previstos.

Paralelamente na web sondacasa.vilagarcia.gal, vendéronse outros 371. Segundo os datos recollidos da plataforma de pago, na mañá do sábado, dos que xa se teñen empregado 200 packs. Tendo en conta que cada un custa 20 euros pero vale 30 (os dez de diferencia ponos o concello), iso quere dicir que co arranque da acción tan só o sábado xa se puxeron en circulación 6.000 euros.

Cabe lembrar que, como novidade respecto á anterior campaña no verán pasado, nesta ocasión aqueles mil primeiros que adquiran dous bonos obterán como agasallo un vaso take away.

O concellería de Promoción Económica, que dirixe Alba Briones, agradece moi sinceramente a fantástica acollida que están tendo os bonos Son da Casa!, non xa polo que supoñen de animación da economía, senón polo que representan de compromiso persoal dos cidadáns co comercio e a hostalería locais.

O CONSORCIO DO COMERCIO DO SALNÉS PON EN XOGO 6.500 EUROS. As enormes dificultades para o pequeno e mediano comercio derivados do coronavirus, fai que este tipo de campañas orientadas a incentivar o consumo nunha etapa tan importante do ano.

Con este obxectivo presentou o Consorcio do Comercio do Salnés este fin de semana na Illa de Arousa, unha campaña na que poñen en xogo entre os clientes dos comercios locais da comarca 6.500 euros en vales de compra.

Os gañadores dos vales de compra daranse a coñecer no vindeiro mes de xaneiro, para participar do sorteo tan só hai que mercar en comercios da bisbarra, obtendo deste modo as rifas do sorteo.

A sombra do comercio online e as grandes superficies é moi longa, pero se cadra este ano por mor da pandemia e as restricións derivadas da mesma a pantasma semella todavía maior, polo que tanto patronal como concellos poñen toda a carne no asador para incentivar e apoiar ao seu propio comercio.

30 nov 2020 / 14:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.