Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ferido grave tras ser atropelado por un camión nunha parada de bus en Sanxenxo

O accidente rexistrouse sobre as 7,00 horas da mañá deste martes, na zona de Areas

    Cargando reproductor ...

Un home resultou ferido de gravidade após ser atropelado por un camión ante unha parada de bus no municipio de Sanxenxo, na provincia de Pontevedra.

O accidente rexistrouse sobre as 7,00 horas da mañá deste martes, na PO-308, ao seu paso pola parroquia de Bordóns, na zona de Areas. Un veciño alertou ao 112 do ocorrido logo de ser testemuña do atropelo.

As primeiras hipóteses apuntan a que o ferido estaba na marquesiña esperando o autobús.

Ao haber pouca visibilidade, crese que puido confundir de lonxe o camión co autobús e baixou á calzada, momento no que foi atropelado polo vehículo.

O ferido é un veciño de Bordóns de 48 anos de idade, e no punto interviñeron efectivos de Emerxencias, a Policía Local e a Garda Civil.

Posteriormente, o 061 trasladou ó ferido ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, debido á gravidade das lesións que presentaba.

SANTIAGO. EUROPA PRESS

16 feb 2021 / 10:16
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.