Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Finaliza a rehabilitación do Priorado de Arra cun investimento de case 400.000 euros

Este inmoble foi no seu día a vivenda duns monxes benedictinos relacionados co mosteiro da Armenteira

O Concello de Sanxenxo concluíu a rehabilitación do Priorado de Arra tras un investimento de case 400.000 euros. A última fase dos traballos centrouse en os revestimentos de chans, paredes e teitos nas distintas estancias, pero tamén no acondicionamento do patio exterior cunha rampla de acceso que comunica os distintos espazos. O alcalde, Telmo Martín, e a concelleira de Urbanismo, Flavia Bicada, supervisaron hai uns días o final dos traballos.

O goberno local estuda destinar parte do espazo a fins turísticos nos que poñer en valor o patrimonio natural e arquitectónico do interior do municipio como o Roteiro do Padre Sarmiento ou o xacemento da Lanzada. Este uso non impedirá en ningún caso a utilización para actividades puntuais das asociacións da parroquia de Adina.

O Priorado ten dúas edificacións independentes que pechan o patio central, que articula todas as salas da planta baixa. Nesta planta acondicionáronse tres locais e un almacén, aseos masculinos e femininos, un distribuidor e un alpendre. A primeira planta acollerá unha sala de usos múltiples, un despacho, un almacén e un hall. Entre as dúas plantas suman unha superficie útil de 480 metros cadrados. A obra inclúe tamén a renovación do saneamento.

Na mellora deste inmoble, que no seu día foi vivenda duns monxes benedictinos relacionados co mosteiro da Armenteira, investíronse preto de 400.000 euros. Deles, 190.000 euros foron para a restauración da cuberta e os muros de cerramento da edificación e os 185.000 que investiron na adecuación dos espazos, procedentes do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Antes de desenvolver estes traballos, previamente foi necesario levar a cabo unha serie de tarefas para restaurar o peche perimetral do priorado e cambiar portas e xanelas.

Leváronse a cabo tamén labores de asfaltado en Dorrón

Operarios efectuaron tamén durante a mañán de hoxe tarefas de asfaltado no camiño Magaláns-Freixeiro, na parroquia de Dorrón. A obra formaba parte do Plan Marco de Mellora de Camiños Municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. A Xunta outorgou unha axuda autonómica a Sanxenxode 39.930 euros para realizar estas tarefas, mentres que o Concello asumiu os custos restantes, dunha obra que supuxo unha inversión de 44.399 euros –un montante lixeiramente menor á previsión de 44.685 euros–.

15 sep 2020 / 16:55
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.