Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Javi Olleros converte O Grove na meca culinaria galega tras adquirir a súa segunda estrela Michelin

Culler de Pau é o primeiro establecemento de restauración en acadar este distintivo en Galicia // O Goberno local elevará a pleno extraordinario a proposta de nomear ao chef como Fillo Predilecto do Grove

O restuarante Culler de Pau, situado no lugar de Reboredo no arousán concello do Grove (Pontevedra) e liderado polo chef meco Javier Olleros, conseguiu onte a súa segunda estrela Michelin –un dos galardóns gastronómicos máis prestixiosos–, que se suma á xa conseguida en 2012, o que o converte no primeiro restaurante de Galicia con dous recoñecementos de leste calibre.

Na cerimonia de entrega celebrada este luns na Real Casa de Correos de Madrid, Culler de Pau recibiu ademais unha estrela verde, o novo selo creado pola guía Michelin a principios de 2020 para identificar os restaurantes sostibles e que se implanta agora, por primeira vez, en España e Portugal. Esta distinción identifica a Culler de Pau como un restaurante que segue “prácticas ambientais recomendables”, cuxos cociñeiros “se preocupan polo impacto que ten a súa actividade no planeta”.

Olleros que seguiu a cerimonia de xeito telemático xunto co seu equipo dende Reboredo tras probar seroloxicamente os seus negativos por covid para garantir a seguridade da velada. O chef comentou a posteriori que este segundo recoñecemento é “para nós, un momento moi emocionante. Sen dúbida un recoñecemento que chega nun momento crucial para o sector e que nos empuxa a seguir loitando e traballando nunha proposta á que nos entregamos cada día”.

Tal e como explicaron nun comunicado, Culler de Pau abriu as súas portas en 2009 na aldea de Reboredo, no Grove, “como un proxecto de vida”. Un proxecto comandado por Javier Olleros, como chef do local, e pola súa muller Amaranta Rodríguez, directora do restaurante e do resto do equipo e que durante os seus 11 anos de vida, Culler de Pau recibiu numerosos recoñecementos en guías, críticas e eventos, o que lle permitiu converterse nun dos establecementos de referencia en Galicia.

Recibindo a súa primeira estrela Michelin no 2012, tan só tres anos despois da inauguración, –á que se suma a conseguida este ano– e conta, ademais, con tres soles Repsol.

Javier Olleros asegurou que a clave de Culler de Pau está en respectar “ao máximo” cada produto e en “reivindicar na mesa a máxima calidade e a estacionalidade”. “As nosas mans están ao servizo de cada produto, da natureza que nos rodea, da paisaxe que nos envolve, e tentamos que esa singularidade e sabor de Galicia chegue á mesa o máis intacto posible”, asegurou o chef.

Unha reivindicación do territorio coa que Olleros identificou dende os seus inicios coa súa proposta gastronómica, apostando por un produto de demostrada calidade como é o da vila. Un feito que xunto co seu acerbo solidario, participando por exemplo do festival Nos seus Pés a prol dos refuxiados, o convirten nun home tremendamente querido na vila. Unha excelencia profesional e unha cercanía persoal que xa lle valeron o recoñecemento das Centolas de Ouro en 2015, e que agora, tras acadar un logro sen parangón en Galicia coa súa segunda estrela, podería verse nomeado como Fillo Predilecto do Grove. Cando menos, iso anunciou o Goberno local no día de hoxe, que elevará a proposta a pleno extraordinario cando as condicións epidemiolóxicas así o permitan.

O alcalde José Cacabelos valorou este segundo distintivo a Culler de Pau, como “ademais dun recoñecemento ao bo facer de Olleros e o seu equipo, un verdadeiro éxito para toda a veciñanza do Grove, que ve como a tradición hostaleira e a espectacular calidade dos produtos da localidade son recoñecidos a nivel internacional”. Culler de Pau pon O Grove no mapa mundial da cociña e consideran dende o Goberno local “de xustiza” que os seus veciños asi llo recoñezan cun nomeamento, que sendo honorífico, o confirma no seu papel de embaxador da vila meca no mundo.

15 dic 2020 / 19:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.