Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O CIM inicia mañán os obradoiros “Educación en igualdade e afectivo sexual” nos centros escolares de Sanxenxo

Dous axentes de igualdade encargaranse deste plan pedagóxico e educativo destinado a 5º primaria e 1º da ESO con 6 talleres de 50 minutos cada un en cada un dos cursos

O Centro de Información á Muller (CIM) inicia a semana que vén semana o proxecto “Educación en igualdade e afectivo sexual: Saber querer, saber querernos” nos colexios e nos centros de educación secundaria. A idea é impartir unha formación adecuada, baseada en igualdade de oportunidades con perspectiva de xénero e introdución na diversidade afectivo sexual.

Dous axentes de igualdade encargaranse deste plan pedagóxico e educativo destinado a 5º primaria e 1º da ESO con 6 talleres de 50 minutos cada un en cada un dos cursos. A formación comeza a impartirse a semana que vén, e farase en todos os centros educativos ata final de ano.

Os seis talleres traballarán as seguintes temáticas a través de diversas dinámicas e xogos, entrelazados coa teoría: Identidade sexual e roles de xénero, diversidade sexual, diferentes tipos de familias, habilidades sociais (empatía e asertividad) e fisioloxía sexual humana.

Co obxectivo de incluír a toda a comunidade tanto educativa como familiar e lograr un mellor resultado, a proposta inclúe orientación pedagóxica. Poñerase un día á semana, pola tarde, en cada centro para realizar unha formación personalizada e liquidar dúbidas. Tamén contempla unha escola de familias e profesorado cun curso monográfico de sensibilización en igualdade de 4 horas co obxectivo de coeducar na igualdade.

A actividade tamén inclúe dúas charlas coloquio coas Anpas e familias que virarán sobre dous temas: Que educación afectivo sexual recibe a mocidade? e A violencia de xénero na adolescencia.

O proxecto está subvencionado pola Deputación de Pontevedra e enmárcase dentro das axudas dirixidas a concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero para o ano 2020.

13 oct 2020 / 07:07
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.