Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Grove celebra o Día das Bibliotecas dentro da programación ‘En Outono: libros, cinema e contos’

Dentro da programación de outono deseñada polo Concello do Grove, esta semana estará adicada a celebrar o Día das Bibliotecas. Seguindo coa temática elixida para este mes (libros, cinemas e contos), a actividade comezará este martes coa proxección da película ‘Ferdinad’. Xa este mércores haberá a oportunidade de ver a coñecida contacontos Charo Pita coa historia ‘Aventureiras Intrépidas’ na Axencia de Lectura de San Vicente. O venres volverá o cine á Biblioteca Municipal con Matilda, a partir das 18.00 horas na casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.

O sábado 24, coincidindo co Día das Bibliotecas, ás 18.00 horas Raquel Queizás ofrecerá un espectáculo de contacontos co título Cinema Marabillla. Ver para Ler. Ademais desta importante programación, entre o 19 e o 30 de outubro os usuarios e as usuarias da Biblioteca que utilicen o servizo de préstamo recibirán un agasallo sorpresa e as redes sociais da Biblioteca publicarán diversas guías de lectura e actividades en liña para celebrar esta importante data.

Co fin de manter as condicións de seguridade e hixiene, a capacidade de todas estas actividades é limitada, polo que é necesaria inscrición previa a través das vías habituais (teléfono, correo electrónico e facebook).

19 oct 2020 / 19:49
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito