Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Grove desinfecta os seus colexios como se de quirófanos se tratase

O protocolo posto en marcha é posible grazas á maquinaria específica adquirida polo Concello e á actuación dos servizos de Emerxencias // O pasado pleno municipal acordou reclamarlle estes gastos á Xunta, posuidora de competencias plenas en Educación

A volta dos nenos ás aulas tras o verán supuxo para as entidades locais un aumento das súas tarefas nas labores de prevención fronte ao avance pandémico, ao teren que adoptar dende os propios municipios programas para a desinfección das institucións académicas.

Neste eido, o Concello do Grove emprega un protocolo de actuación, no que a empresa de limpeza habitual dos centros realiza unha limpeza e desinfección á metade da xornada e segue realizando unha limpeza de tipo habitual ao final desta. Unha vez que esa limpeza remata, son os membros do servizo de Emerxencias do Grove quen realizan unha desinfección dos centros mediante o nebulizador que distribúe peróxido de hidróxeno segundo o mesmo sistema que se emprega na desinfección dos quirófanos nos centros sanitarios. O Grove é o primeiro concello de Galicia que aplica este sistema sendo, unha vez máis, pioneiros na xestión de medidas de seguridade fronte á covid.

O proceso comezou nos primeiros días de colexio e manterase durante todo o curso ou ata que se manteña a alerta sanitaria. A desinfección completa de cada centro require ao redor dunha hora e media de traballo e no proceso ponse especial atención nas zonas comúns e naqueles elementos que son máis susceptibles de contacto. Unhas tarefas que, dende o Concello do Grove se incide en que, resultarán eficaces se veñen acompañadas polos coidados persoais como emprego de máscara e –dentro do posible– o mantemento da distancia de seguridade.

A posta en marcha deste protocolo conlevou un elevado custo económico para as arcas municipais. Concretamente, O Grove invertiu arredor de 24.000 euros no reforzo da limpeza diaria dos concellos, a adquisición de xel hidroalcólico, papel e xabón para distribuír nos colexios e na compra do referido nebulizador e produtos de desinfección específicos. Todo elo, sen ter en conta as horas que adican os operarios de Emerxencias a esta labor. Xa durante o pasado Pleno do Concello acordouse reclamarlle estes custos á Xunta de Galicia, que eludiu a súa responsabilidade sobre isto a pesar de existir informes xurídicos do secretario xeral da Deputación de Pontevedra que indican que tería que asumir ese custo e incluso dispoñendo de fondos estatais para cubrilos, ao non tratarse dunha competencia municipal, senón autonómica.

13 oct 2020 / 16:18
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.