Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Nadal comeza a chegar a Vilagarcía coa instalación do alumeado

Este ano adiantarase a súa posta en funcionamento ao 27 de novembro co obxectivo de dinamizar a actividade comercial

Debido á díficil situación que están a atravesar o comercio e a hostalaría como consecuencia da situación sanitaria, o Concello de Vilagarcía prendeu a decisión de adiantar o habitual prendido da iluminación do Nadal deste ano co obxectivo de pular en favor da dinamización da actividade comercial durante a que anualmente se presenta como a campaña de vendas máis importante.

Con este obxectivo, Iluminaciones Santiaguesas, a empresa encargada de instalar o alumeado comezou hoxe a traballar nas rúas de Vilagarcía, Carril e Vilaxoán, así como nos centros socio culturais de todas as parroquias do municipio para poñer a punto a luminotecnia. Os traballos desenvolveranse nas vindeiras semanas para que todo estea listo o venres 27 de novembro, día no que está previsto inaugurar a decoración navideña das rúas que terá como maior atractivo o cono de 20 metros que presidirá a Praza de Galicia, o máis alto xamais instalado neste punto, segundo apuntan dende o Goberno local.

Agardando a ver a evolución epidemiolóxica das vindeiras semanas coas novas restricións aplicadas en Vilagarcía e cal é a situación no que chegamos ás vísperas do vindeiro Nadal e se finalmente se poderán realizar as celebracións públicas máis importantes destas datas, o alumeado e a decoración de rúas serán o principal elemento normalizador das festas.

Seguindo a liña iniciada o ano pasado e co obxectivo se potenciar a activación social e comercial, o Concello tamén decidiu manter este ano o Mercado de Nadal, axustándoo aos protocolos de seguridade e tamén se complementará a ambientación festiva con diversas iniciativas como a dos xardín efémeros estreados o ano pasado con moi boa acollida por parte de veciños e visitantes

De non producirse ningún imprevisto, as luces de Nadal inaugurarase o venres 27 de novembro e manterase ata o 7 de xaneiro. 42 días nas que as rúas permanecerán decoradas entre as seis da tarde e a unha da madrugada.

A ambientación de Nadal en rúas e espazos públicos realizarase con arcos lumínicos, rótulos, adornos en farois e árbores de parques e xardíns, decoración de rotondas e de fachadas de edificios emblemáticos como a Casa Consistorial. Instalaranse os tradicionais conos tridimensionais tamén en Vilaxoán e en Carril, así como se ampliará en ambos lugares o número de rúas decoradas con arcos..

Iluminaciones Santiaguesas foi a única empresa que concorreu ao concurso convocado polo Concello para adxudicar o contrato de aluguer, subministro e instalación da iluminación decorativas. Un contrato, que inclúe tamén o alumeado das festas patronais en honra a Santa Rita e San Roque de 2021, así como a preparación eléctrica para as orquestras e as atraccións de feira.

06 nov 2020 / 13:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.