Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Premios en Vilagarcía ós escaparates mellor decorados no Nadal

A Concellería de Promoción Económica de Vilagarcía convoca a terceira edición do Concurso de Decoración do Nadal destinado a que locais comerciais, de restauración, praceiros e hotalería contribúan a crear ambiente navideño decorando os seus escaparates, fachadas e acceso aos establecementos. Para fomentar a participación, o Concello concederá 5 premios en metálico ás mellores decoracións, repartido un total de 1.785 euros. Os interesados poden inscribirse a través da sede electrónica ata o vindeiro 7 de decembro.

A Xunta Local de Goberno aprobou na reunión de hoxe as bases do concurso, documento que poderán consultar a través do taboleiro de anuncios da web municipal www.vilagarcia.gal ou da sede.vilagarcia.gal

Con esta iniciativa, ademais de dinamizar a actividades nos locais participantes, a concellería que dirixe Alba Briones, pretende que a iluminación de Nadal que pon o Concello nas rúas e prazas da cidade se vexa complementada coa decoración dos exteriores dos establecementos, creando así moito máis ambiente navideño nas rúas da cidade. A iniciativa xa desenvolvida nos dous anos anteriores, adquire máis relevancia si cabe este ano debido á necesidade de incentivar o consumo para que a economía local poida ir sobrepoñéndose do duro golpe que están a supoñer dende marzo as restricións e os peches parciais e totais da actividade debido ao COVID.

Os participantes deberán instalar nunha zona ben visible dos escaparates o distintivo que se lles entregará para identificase como concursantes. Deberán cumprir outros requisitos, como manter a decoración de Nadal, como menos, do 7 de decembro ao 5 de xaneiro, e manter a iluminación prendida ata as 22.00 horas. E tamén terán que presentar pola sede electrónica dúas fotografías do establecemento decorado, trámite para o que dispoñen de prazo ata o día 10 de decembro.

O xurado visitará os locais participantes para avaliar a decoración. Valoraranse aspectos como si se decora so un elemento ou todos (escaparate, fachada e acceso), a iluminación, o uso de materiais naturais e de reciclaxe e a innovación e deseño. O establecemento mellor valorado obterá e primeiro premio, dotado con 595 euros. A maiores concederanse dous segundos premios por importe de 395 euros cada un, e outros dous terceiros de 200 euros.

16 nov 2020 / 13:47
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.