Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Primeiros pasos do plan estratéxico de turismo de Vilagarcía

Esta semana comenzan as reunións cos axentes do sector

A Concellería de Turismo, que dirixe Álvaro Carou, e os técnicos da empresa Avivae, encargada de desenvolver o plan estratéxico de turismo da cidade, inician unha serie de reunións cos axentes do sector, aos que se quere implicar no desenvolvemento deste traballo. As reunións serán nas tardes do martes, mércores e xoves e a elas están chamados comerciantes, hostaleiros e restauradores.

Previamente a estas reunións, Avivae xa realizara un programa de entrevistas individuais, nas que participaron o 100 por cento dos convocados, o que demostra non só o interese do sector por contar instrumento das características dun plan estratéxico senón o seu desexo de participar na súa elaboración.

As reunións sectoriais desta semana son un paso máis no plan participativo e de diagnóstico. Trátase, en definitiva, de coñecer a oferta, a demanda, os servizos e as infraestruturas do territorio, ademais dos produtos turísticos. En novembro darase outro pulo á iniciativa, con novas mesas de traballo para definir os retos. Despois, unha vez compilada toda a información, a empresa fará unha proposta de plan proxecto turístico a curto e medio prazo consensuado e participado co propio sector como axentes indispensables para o seu desenvolvemento.

19 oct 2020 / 19:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito