Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Sanxenxo revalida en agosto o seu liderado turístico no norte de España

O municipio demostra o seu peso turístico en Galicia superando incluso a suma de cidades como A Coruña e Vigo no oitavo mes do ano

Sanxenxo mantívose como líder en pernoitas no norte de España durante o pasado mes de agosto con 147.501 pernoitas. Os datos facilitados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) revalidan o atractivo turístico do municipio nun contexto marcado pola alerta sanitaria da covid 19 e reforzan o seu posicionamento na cornixa cantábrica superando en pernoitas a destinos de gran prestixio como San Sebastián (123.443), Santander (104.090), Bilbao (98.027), Santiago de Compostela (89.515) ou Xixón (62.352).

O peso turístico de Sanxenxo na comunidade galega queda tamén demostrado ao supoñer un 16% das pernoitas rexistradas en Galicia durante o oitavo mes do ano (924.618) e o 34% da provincia de Pontevedra (436.007) superando incluso a suma das cifras de cidades tan importantes como A Coruña (62.352) e Vigo (73.668).

Aínda que os datos deste verán non deben ser comparados con anteriores tempadas debido á situación sanitaria excepcional, Sanxenxo logrou manter o 60% de pernoitas respecto a agosto de 2019 cando se rexistraron 246.272.

Os datos de ocupación de agosto facilitados polo Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo (CETS) son do 65,5%, unha cifra que se sitúa 21 puntos por encima da media nacional (44,20) e da media galega (44,63%). O goberno local destaca, neste senso, o papel do sector turístico na consecución dos “mellores datos posibles” nun verán atípico como o que acaba de rematar.

23 sep 2020 / 17:42
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.