Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Unha festa nun domicilio entre persoas non convivintes e o sobrepaso do aforo nun local sancionados na primeira fin de semana coas novas restricións

A infracción máis común foi saltarse o toque de queda, aínda que tamén houbo por 2 por incumprimento do peche perimetral e un por non levar máscara

O primeiro fin de semana coas novas restricións impostas pola Xunta de Galicia do peche perimetral de Vilagarcía xunto cos veciños concellos de Cambados e Vilanova saldouse con 26 infraccións detectadas e denunciadas pola Policía Local. En concreto, foron 11 por saltarse as normas sanitarias e 15 por incumprimentos da Ley de Protección de la Seguridad Ciudadana. Ademais, os axentes procederon á identificación de 22 persoas, como consecuencia dos controis realizados.

Nos distintos operativos, postos en marcha polas forzas e corpos de serguridade do Estado, participaron un total de 33 axentes da Policía Local vilagarciá entre sábado e domingo, co obxectivo de garantir o obrigado cumprimento das novas restricións sanitarias.

Pese a que o peche perimetral entrou en vigor ás 00:00 horas do sábado, o incumprimento inxustificado desta medida tan só dou pé a 2 notificacións. A causa principal das denuncias cursadas foi a de saltarse os horarios de confinamento, o denominado “toque de queda” xa en vigor dende hai unha semana, cun total de 10 casos detectados polos axentes da Policía Local. Ademais, denunciouse tamén a unha persoa por non levar máscara e, entre outras causísticas, abriuse procedemento contra un local por sobrepasar o aforo permitido e os axentes notificaron o caso dunha celebración nun domicilio no que participaban persoas non convivintes.

10 nov 2020 / 12:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.