Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vilagarcía inicia os trámites para ampliar a EDAR

O Goberno Local terá que reclasificar uns terreos colindantes que porá a disposición de Augas de Galicia para que leve a cabo as obras de ampliación da infraestrutura

Ravella para conseguir este obxectivo foi dado esta semana pola Xunta de Goberno Local coa contratación dos traballos de redacción da Modificación Puntual do PXOM que permita utilizar os terreos situados a carón da EDAR para ampliar as instalacións. Unha vez rematado este trámite, que se calcula en 9 meses dados os prazos legais que conleva o procedemento, o Concello porá os terreos a disposición de Augas de Galicia para que acometa a obra, organismo co que o Concello xa leva meses estudando a actuación.

A modificación puntual faise precisa xa que na actualidade os terreos que lindan coa EDAR constan como “solo urbano non consolidado”, que non permitiría realizar a actuación proxectada . Para poder construír as novas instalacións é preciso reclasificar previamente o terreo como “solo urbano consolidado”. A elección deste instrumento urbanístico é posible dado que se trata dunha actuación de interese público debidamente xustificado, tal como prevé a lexislación vixente.

A redacción da Modificación Puntual encargouse ao equipo de Alfonso Botana, empresa que está realizando a revisión do PXOM. A decisión de optar pola modificación puntual en lugar de introducir o cambio no proxecto do novo plan xeral é que a tramitación deste instrumento urbanístico é moito máis rápida e permitirá axilizar a ampliación da depuradora que, do outro xeito, quedaría supeditada á aprobación definitiva do PXOM, algo que dada a complexidade do procedemento, tardará bastante máis.

A ampliación da EDAR de Ferrazo é unha actuación necesaria e urxente dado o incremento de caudal que as instalacións veñen soportando de forma constante dende hai anos debido á paulatina ampliación da rede de saneamento municipal, así como ao aumento poboacional que Vilagarcía rexistrou nas últimas décadas . Estas circunstancias fan que, a día de hoxe, as instalacións se atopen ao límite da súa capacidade de tratamento e depuración, facendo necesario unha ampliación que garanta, non só dar servizo á poboación actual, senón tamén dimensionar axeitadamente a planta con previsión de futuro.

A ampliación da EDAR, permitirá mellorar as condicións de servizo da rede de saneamento e tamén repercutirá positivamente no aspecto medioambiental xa que, ao ter maior caudal e capacidade de tratamento, axilízase o proceso de depuración, redúcense os riscos de avarías e de verquidos.

28 sep 2020 / 11:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.