Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vilagarcía muda o Mercado das Flores a causa do protocolo covid

Desenvolverase desde o 29 de outubro ó Día de Defuntos na Praza da Peixería

Vilagarcía volverá a contar este ano co tradicional Mercado das Flores que se organiza con motivo da celebración dos Defuntos. Dadas as actuais circunstancias ás que obriga a pandemia, a concellería de Mercados introducirá algúns cambios á actividade a garantir os protocolos de seguridade contra o Covid. Así, o Mercado das Flores desenvolverase do xoves 29 de outubro ao domingo 1 de novembro na Praza da Peixería, en lugar da tradicional carpa de Vista Alegre.

O traslado ao recinto da Peixería facilita o cumprimento dos protocolos covid por dúas bandas O Mercado das Flores disporá de máis espazo, polo que os postos de venta poderán distanciarse máis entre si. Controlarase o aforo e establecerase un circuíto de entrada e saída únicos para que os clientes transiten de forma fluída e sen aglomeracións. Ademais, o traslado desta actividade permitirá que o mercado ambulante do sábado se poida seguir celebrando coas actuais medidas de distanciamento entre os postos, dado que non verán reducido o espazo que ocupan habitualmente para instalar a carpa. O Concello encargarase d a limpeza do recinto.

Co novo emprazamento na Peixería, as floristas e campesiñas que acoden habitualmente ao mercado de Vilagarcía exporán á venta os seus produtos do xoves 29 ao sábado 31 de outubro en horario ininterrompido de 8 a 21 horas e o domingo, 1 de novembro, de 8 a 14 horas.

19 oct 2020 / 19:54
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito